miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Xornada intermedia neste luns en Compostela

Xornada intermedia neste luns en Compostela
Xornada intermedia neste luns en Compostela

En Compostela a temperatura mínima acadará os 15ºC e a máxima os 23ºC

O luns Galicia quedará nunha situación intermedia entre o anticiclón das Azores e un pequeno centro de baixas presións sobre o centro peninsular, deixando un corredor de ventos do nordés. 

Polo tanto, os ceos estarán pouco anubrados ou despexados, con nubes baixas nas primeiras e derradeiras horas do día, que deixarán algún orballo no terzo norte. 

Pola tarde medrarán nubes de evolución no interior, con posibilidade de chuvascos treboentos nas zonas altas de Lugo e Ourense. 

As temperaturas non terán cambios significativos, con descensos na metade leste do territorio. En Compostela a temperatura mínima acadará os 15ºC e a máxima os 23ºC.

O vento soprará do nordés, con intervalos fortes no litoral atlántico.

Comentarios
Lo más