miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Acto de entrega dos premios da sexta edición do programa Argos da USC

Acto de entrega dos premios da sexta edición do programa Argos da USC
Acto de entrega dos premios da sexta edición do programa Argos da USC

Argos susténtase en tres ideas: a complementariedade de perfís persoais e profesionais no equipo; a presenza dunha persoa con coñecementos de xestión empresariais; e o acceso á carteira de resultados de investigación da USC que poderán ser a base do seu plan de empresa

A sexta edición do programa Argos ‘Creando equipos emprendedores da USC’ entregará este luns 1 de xullo aos seus premios aos dous mellores equipos desta convocatoria. 

O director da Área de Valorización, Transferencia e Emprendemento da USC, José L. Villaverde Acuña, presidirá o acto de entrega a celebrar no Paraninfo da Universidade (Facultade de Xeografía Historia) a partir das 12.00 horas e no que tamén intervirán o concelleiro de Presidencia do concello de Santiago, Gumersindo Guinarte; a deputada da área de Promoción Económica e Social da Deputación de Lugo, Sonsoles López Izquierdo; o director da Área de Competitividade do IGAPE, Norberto Penedo Rey; e a técnico da Axencia Galega de Innovación (GAIN), Elena Polo Prieto.

Argos susténtase en tres ideas: a complementariedade de perfís persoais e profesionais no equipo; a presenza dunha persoa con coñecementos de xestión empresariais; e o acceso á carteira de resultados de investigación da USC que poderán ser a base do seu plan de empresa. O seu obxectivo é conformar equipos interdisciplinares aos que se lles facilitará acompañamento e asesoramento no proceso de definición dunha idea de negocio ademais de avaliar a súa capacidade para chegar a constituír un proxecto empresarial convincente.

A convocatoria contempla dúas categorías de premios establecidas e dotadas con 3.000 euros cada unha (Argos Spin para proxectos baseados en resultados de investigación da USC, e Argos Enxeño para os xurdidos de ideas propias ou empresas do contorno de Santiago e Lugo) e seis meses de acceso gratuíto a espazos de incubación.

Comentarios
Lo más