miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Campamentos e campos de voluntariado da Xunta inician o seu camiño

Campamentos e campos de voluntariado da Xunta inician o seu camiño
Campamentos e campos de voluntariado da Xunta inician o seu camiño

Os primeiros campamentos poñeranse en marcha nos concellos de Sada, Vilasantar, Portomarín, Carballedo, Coles, Forcarei e Bueu

Os campamentos e campos de voluntariado da Xunta de Galicia comezan este luns con máis de 9800 participantes. A  Campaña de Verán 2019, organizada pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, iníciase coa posta en marcha de sete campamentos en diferentes concellos da comunidade e dun campo de voluntariado que terá lugar nas Illas Cíes.  

Os primeiros campamentos que inician a súa actividade son: Aventura nas Mariñas, que se celebra no albergue xuvenil Mariña Española de Sada; Saborea a vida do rural, na escola de agricultura ecolóxica do concello de Vilasantar; A miña primeira aventura, no albergue xuvenil Benigno Quiroga de Portomarín; Adventure Camp, no albergue de Peares en Carballedo; Hípica e natureza, que se celebrará no albergue Equal de Coles; A miña primeira aventura, no campamento xuvenil Pontemaril de Forcarei e Big Bang Illa, que terá lugar no campamento xuvenil da Illa de Ons.

Así mesmo, nas Illas Cíes ponse en marcha o primeiro campo de voluntariado desta época estival. Nesta iniciativa, as 30 mozas e mozos participantes realizarán actividades de convivencia, así como diferentes accións de voluntariado como tarefas de mantemento da illa, vixilancia de incendios, labores de información e sensibilización do visitante e intervencións puntuais de mellora no parque, en colaboración do persoal do servizo de medio ambiente. Esta será a primeira quenda das catro que se celebrarán deste campo de voluntariado nas Illas Cíes

Campaña de verán

Cómpre recordar que a Campaña de Verán 2019 pon á disposición da mocidade, baixo a lenda O verán que queres vivir, 9834 prazas, 62 máis que o ano anterior. A proposta de actividades para os meses de xullo, agosto e setembro inclúe campamentos, programas de intercambios con outras comunidades autónomas, actividades concertadas, actividades para maiores de 18 anos e campos de voluntariado.

Nestas actividades participan as mozas e mozos a partir dos 9 anos e ata os 30. Todos os campamentos están abertos a persoas con discapacidade, e ademais este colectivo ten unha convocatoria específica para persoas de entre 11 e 40 anos. Así mesmo, hai 100 prazas reservadas para menores de idade que están baixo o sistema de protección da Xunta e outras 52 para fillas e fillos de mulleres vítimas de violencia de xénero.

Esta campaña de verán incorpora como tres novos campamentos dos 21 que ofrece: Aldea Perdida na Granxa Zoo de Grixalba, en Sobrado dos Monxes; outro sobre astronomía no albergue de San Xoán de Río, en Ourense; e un novo campamento tecnolóxico nas instalacións xuvenís de Gandarío titulado Adestrando o meu robot. 

Accións de voluntariado

Este ano tamén se incrementa o número de campos de voluntariado, os que se coñecían como campos de traballo, ata os 30 e con cinco propostas novas: A terra que habita no mar, no concello do Grove; outro de protección e recuperación das dunas de Corrubedo, en Ribeira; un terceiro de temática ambiental en Manzaneda; un campo en Ourense denominado Riós, un mar de castiñeiros; e por último, o primeiro campo de voluntariado intermunicipal que leva por nome Vía Xacobea: vía da prata e que se celebrará en Boqueixón e Vedra.

Desta maneira, os campos de voluntariado en Galicia que pon en marcha a Xunta de Galicia para este verán conteñen 643 prazas, 40 máis das que había á disposición da mocidade no 2018. Cómpre lembrar que aínda hai prazas dispoñibles en varios destes campos.

Comentarios
Lo más