Un home ferido ao sufrir unha indisposición e bater contra un muro mentres conducía en Ourense
16:23 30/06/19
16:23 30/06/19
O home foi evacuado nunha ambulancia a un centro hospitalario
Un home resultou ferido esta mañá ao sufrir unha indisposición ao volante dun turismo que rematou batendo contra un muro en Ourense. O accidente tivo lugar na rúa de Salvador de Madariaga, ao fío das 12:05 horas.
O 112 Galicia tivo constancia do ocorrido a través da chamada dunha persoa particular e, nada máis recibir o aviso, desde o CIAE 112 Galicia solicitouse a intervención do 061-Urxencias Sanitarias, dos Bombeiros de Ourense, da Policía Local e de Protección Civil.
Finalmente, o home foi evacuado nunha ambulancia a un centro hospitalario.