Marái Maceiras e Iker Fernández gañan o concurso de tweets do CIM de Ribeira
O concurso tivo por obxectivo sensibilizar á poboación ante a necesidade de erradicar esas crenzas fortemente arraigadas acerca de como deben ser os homes e mulleres simplemente polo seu sexo.
María Maceiras Pérez, de 17 anos de idade, e Iker Fernández Vidal, de 14, foron a primeira e o segundo gañador do concurso de tweets contra os estereotipos de xénero promovido dende o Centro de Información á Muller (CIM) de Riveira. Hoxe foron recibidos polo alcalde Manuel Ruiz no transcurso dos actos conmemorativos do Día do Orgullo LGTBIQ+.
María Maceiras formulou o seguinte tweet:
E Iker Fernández:
O concurso tivo por obxectivo sensibilizar á poboación ante a necesidade de erradicar esas crenzas fortemente arraigadas acerca de como deben ser os homes e mulleres simplemente polo seu sexo. O primeiro premio consistente nunha tableta e o segundo nun altofalante.