A Xerencia de Sanitaria de Compostela colabra coa ONCE cunha visita de nenos con deficiencia visual no CHUS
Os máis de trinta nenos participantes puideron coñecer algunhas das probas sanitarias máis habituais no centros sanitarios
A Xerencia de Xestión Integrada de Santiago participa no proxecto “O que nunca...” organizado pola ONCE polo que un grupo de 35 rapaces con discapacidade visual visitaron esta semana o Hospital Clínico e puideron coñecer e familiarizarse con algunhas das situacións e probas máis comúns que se realizan nos centros sanitarios.
Os rapaces, de entre 12 e 18 anos e que están a participar nun campamento na ONCE de Pontevedra, acompañados por persoal da xerencia e os seus monitores puideron experimentar e tocar diversa tecnoloxía, como tensiómetros, electrocardiograma ou TAC. Así durante todo o día recibiron explicacións sobre como é o proceso de hospitalización, desde os pasos administrativos, as funcións do persoal e o porqué dalgunhas destas tarefas.
Así mesmo puideron experimentar con calma o que se sente cando te fan un electrocardiograma ou cando te toman a tensión, coñecendo a tecnoloxía e tocándoa eles mesmos. Tamén visitaron a aula hospitalaria de Pediatría (onde desfrutaron dun concerto de percusión) así como a zona de Radioloxía, onde dedicaron o tempo que precisaron para coñecer as súas instalacións e que se sente, adaptándose pouco a pouco, cando te realizan unha proba radiolóxica.
É unha visita que forma parte das actividades do proxecto "O que nunca..." cuxo obxectivo é que poidan familiarizarse con diversos ambientes en principio pouco amables ou hostís, e que a experiencia axude a diminuír a súa ansiedade.