miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Ceos cubertos cunha pequena baixada das temperaturas

Ceos cubertos cunha pequena baixada das temperaturas
Ceos cubertos cunha pequena baixada das temperaturas

En Compostela a temperatura mínima acadará os 14ºC e a máxima 22ºC

O domingo Galicia queda nunha situación intermedia entre o anticiclón situado en Azores e unha baixa térmica centrada na península Ibérica, con réxime de ventos de compoñente norte. 

Con esta situación, no terzo norte amenceremos cos ceos cubertos e iranse abrindo grandes claros co avance do día. 

No resto da Comunidade os ceos estarán pouco anubrados ou despexados, con formación de nubes de tormenta e chuvascos á tarde no leste das provincias de Lugo e Ourense. 

As temperaturas terán un forte contraste entre os valores frescos do norte, que non superarán os 20ºC e os cálidos do sur, por riba dos 30ºC. En Compostela a temperatura mínima acadará os 14ºC e a máxima 22ºC.

Os ventos soprarán de compoñente norte algo máis intensos á tarde.

Comentarios
Lo más