Nenos afectados pola radiación de Chernóbil pasan o verán en Galicia
Almuiña xa fixo tamén entrega esta semana ao presidente da Asociación Ledicia Cativa, José Manuel Borrajo González, os documentos acreditativos (resolución e tarxetas) que garanten a cobertura asistencial durante o período vacacional destes rapaces
O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, recibiu onte no aeroporto de Lavacolla aos 56 cativos rusos que pasarán as vacacións de verán en Galicia, no marco do programa de acollida temporal que organiza a Asociación Ledicia Cativa. Dende o Sergas dáselle cobertura sanitaria a estes rapaces e as prestacións que se lles ofrece abarcan a atención primaria, a atención especializada e as prestacións farmacéuticas durante a súa estadía en Galicia, do 29 de xuño ata o 29 de agosto, ambos inclusive.
Almuiña xa fixo tamén entrega esta semana ao presidente da Asociación Ledicia Cativa, José Manuel Borrajo González, os documentos acreditativos (resolución e tarxetas) que garanten a cobertura asistencial durante o período vacacional destes rapaces. Dende hai anos, decenas de familias galegas acollen nos seus fogares a menores rusos procedentes de casas de acollida e familias tuteladas, afectados pola radiación nuclear consecuencia do accidente da central de Chernóbil.