miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

O Atlético Fátima, campión do IV Torneo EDS Memorial Antonio Bermúdez

O Atlético Fátima, campión do IV Torneo EDS Memorial Antonio Bermúdez
O Atlético Fátima, campión do IV Torneo EDS Memorial Antonio Bermúdez

O torneo organizado pola Escola Deportiva Santiago celebrouse este sábado, 29 de xuño, no estadio de Santa Isabel  

O estadio de Santa Isabel acolleu este sábado, 29 de xuño, a celebración do IV Torneo EDS Memorial Antonio Bermúdez, co que se rendiu unha vez máis homenaxe ao xornalista deportivo compostelán falecido no 2016. 

O clube Atlético Fátima resultou gañador nas dúas categorías que se disputaron neste torneo. O equipo da Escola Deportiva Santiago, organizadora desta competición en colaboración co Concello de Santiago, rematou segundo na categoría prebenxamín, seguido do CF Vista Alegre e do CD Belvís.  

En canto á categoría alevín, o segundo clasificado despois do Atlético Fátima foi o conxunto do RC Celta de Vigo e o terceiro correspondeu á Escola Deportiva Santiago. 

Para a entrega de premios contouse coa colaboración do fillo do homenaxeado, o tamén xornalista deportivo Toño Bermúdez. 

Con este torneo, que serviu para poñer punto e final á temporada da Escola Deportiva Santiago, quérese recordar a figura dun home que sempre estivo moi comprometido co deporte base da cidade, así como fomentar valores propios da práctica deportiva como o esforzo, o respecto, o xogo limpo e o traballo en equipo.

Comentarios
Lo más