En Común pide que o Estado que paralice o ERE de Alcoa
Díaz amosou a solidariedade do grupo cos traballadores, que conseguiron un prazo ata o 8 de xullo para non executar o ERE
A deputada de Galicia en Común, Yolanda Díaz, anunciou este sábado en rolda de prensa a comunicación ao Goberno de esixir a paralización do ERE ata que non haxa solución para as plantas de Alcoa.
"Pedimos que se exerza a soberanía de Estado, hay que paralizar o ERE ata que exista unha solución para as plantas e os traballadores", insistiu a deputada.
Díaz amosou a solidariedade do grupo cos traballadores, que conseguiron un prazo ata o 8 de xullo para non executar o ERE, pero esixiu compromiso por parte do Ministerio de Industria, que onte "decatouse de cal era a realidade de Alcoa".
"Alcoa non quere vender as plantas para ostentar unha posición monopolística e quere impedir que haxa unha cuota de mercado relevante na produción de aluminio", insistiu a deputada, que remarcou a necesidade de exercer como país soberano "e non renunciar á produción de aluminio primario".
A deputada insistiu en que, desde que comezou o Executivo de Sánchez, "levamos clamando por ter un prezo na enerxía semellante aos países da nosa contorna, e a día de hoxe non temos aínda un prezo estable e asequible".
"A inacción do Goberno é clamorosa, poden actuar no prezo da enerxía, precisámolo para defender a industria no noso país. Ten que intervir o Ministerio de industria, a SEPI, que como se fixo noutros países, cunha intervención poderían actuar e impedir o que fixo Alcoa: tratar de paralizar a venta das nosas plantas"
Pola súa banda, o deputado Manuel Lago insistiu en que a decisión de Alcoa "é un problema laboral e para a economía, é un insulto á soberanía dun Estado".
"Estamos nos vellos tempos do imperialismo norteamericano, no que unha empresa permítese chulear a un Estado democrático afectando á súa soberanía", afirmou.
O enxeñeiro José Bembibre lembrou que, se en España se fixase un prezo similar aos países da contorna, entorno aos 40 anos, o problemas da viabilidade das industrias quedarían resoltos.
"A corto prazo esta é a mellor solución", insistiu.