Ferido grave un ciclista por mor dun accidente de tráfico
16:18 29/06/19
16:18 29/06/19
Foi unha persoa particular quen contactou co 112 Galicia ao fío das 9:30 horas para dar conta do sucedido
En Cuntis, un ciclista resultou ferido grave nun accidente de tráfico no que tamén se viu implicado un turismo. Os feitos ocorreron na N-640 á altura do lugar da Anllada.
Foi unha persoa particular quen contactou co 112 Galicia ao fío das 9:30 horas para dar conta do sucedido.
Acto seguido, os xestores do CIAE 112 Galicia solicitaron a intervención do 061-Urxencias Sanitarias, da Garda Civil de Tráfico, dos Bombeiros de Vilagarcía e do GES da Estrada.
Finalmente, os servizos sanitarios evacuaron ao clicista ao Hospital Clínico de Santiago.