miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Un ciclista perde a vida en Paderne

Un ciclista perde a vida en Paderne
Un ciclista perde a vida en Paderne

Os feitos sucederon ao redor das 9:20 horas, na parroquia de San Pantaleón das Viñas

Un home perdeu a vida esta mañá ao caer da bicicleta que manexaba na AC-164, concretamente no punto quilométrico 7, en Paderne.

Os feitos sucederon ao redor das 9:20 horas, na parroquia de San Pantaleón das Viñas.

Unha persoa particular alertou ao 112 Galicia da caída do ciclista e, nada máis ter constancia, o persoal do CIAE 112 Galicia requiriu a intervención do 061-Urxencias Sanitarias, dos Bombeiros de Betanzos, da Policía Local de Bergondo e da Garda Civil de Tráfico.

A pesar dos esforzos dos servizos de emerxencia, os efectivos sanitarios tan só puideron confirmar o falecemento do ciclista.

Comentarios
Lo más