Ribeira clausura un curso de manipulación do produtos do mar con persoas en risco de exclusión social
Oito mulleres en risco de exclusión recibiron durante dúas xornadas (os días 26 e 27 de 10 a 13 horas) un curso de manipulación de produtos do mar
O Concello de Ribeira informa do remate e clausura dun curso de manipulación de produtos do mar organizado en colaboración con Amicos, a obra social La Caixa e o Fondo Social Europeo no Programa +Empleo.
Oito mulleres en risco de exclusión recibiron durante dúas xornadas (os días 26 e 27 de 10 a 13 horas) un curso de manipulación de produtos do mar para mellorar a empregabilidade nun nicho de traballo existente na comarca como é o traballo nas fábricas.
A nova concelleira de Servizos Sociais, Promoción Social, Igualdade e Diversidade, Ana Ruiz Reiriz, foi a encargada de entregar os correspondentes diplomas.