miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Hoxe preséntase a "Escola de Artistas Solidaria"

Hoxe preséntase a "Escola de Artistas Solidaria"
Hoxe preséntase a "Escola de Artistas Solidaria"

A iniciativa, creada en colaboración con Dinamo, procura impulsar a través da arte urbana feminista a plataforma de apoio ao comercio de proximidade Escolma

7H Cooperativa Cultural presenta a campaña "Escolma de Artistas Solidaria", este sábado 29, a partir das 17:00h, na Praza Roxa de Compostela.

A iniciativa, creada en colaboración con Dinamo, procura impulsar a través da arte urbana feminista a plataforma de apoio ao comercio de proximidade Escolma, que colabora na recadación de fondos para entidades sen ánimo de lucro.

Con este fin, ao longo da tarde, as artistas de 7H achegarán as técnicas e linguaxes da arte urbanaa todas as crianzas que queiran participar na elaboración dun mural creativo e colectivo que, posteriormente, será exposto nun dos locais colaboradores. Nos próximos meses, serán mulleres creadoras de distintas disciplinas, entre as que xa confirmaron participación María Lapido e Cata Ukelele, as que darán continuidade á campaña a través de intervencións artísticas en lonas de recicladas doadas por Dinamo. 

As obras resultantes formarán parte dunha poxa solidaria que terá lugar a finais deste ano e cuxa recadación se destinará tanto ao financiamento de proxectos da Asociación Centinelas de axuda a mulleres e nais en situación de vulnerabilidade e daAsociación Abeiro pola Protección Animal,como ao programa artístico-educativo Elas Tamén Pintan, deseñado e desenvolto por 7H.

Quen dixo wifi?

A actividade de intervención artística para crianzas deste sábado forma parte do programa do 1º Encontro de Xogos Populares na Zona Nova “Quen dixo wifi?”,organizado pola Asociación de Veciños da Zona Nova Raigame co obxectivo de dar a coñecer entre as cativas e cativos formas de entretemento tradicionais. Grazas á Asociación Galega do Xogo Popular e Tradicional, a Asociación de Xogadores de Chave de Santiago e a Asociación Amigos das Póvoas de Estarreja, que traerá desde Portugal algúns exemplos dos brinquedos propios do país veciño, o centro da zona nova compostelá converterase nunha zona de xogos para divertirse en grupo sen necesidade de pantallas, cables nin baterías.




Comentarios
Lo más