O concerto da Banda de Música Sons e Soños inaugura o Serán'02 na Cidade da Cultura
O evento, promovido pola Xunta de Galicia para impulsar e pór de relevo a cultura galega de base
O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, asistiu ao concerto infantil da Banda de Música Sons e Soños (Outeiro- Rábade- Begonte), enmarcada na primeira xornada do Serán’02: II Encontro Galego de Cultura Popular que se está a celebrar esta fin de semana no Museo Centro Gaiás.
O evento, promovido pola Xunta de Galicia para impulsar e pór de relevo a cultura galega de base, contará durante toda a fin de semana con concertos de bandas de música das catro provincias galegas, así como de diversas formacións infantís e xuvenís.
A xornada de onte rematou cun concerto dobre das bandas municipais profesionais de música da Coruña e de Santiago de Compostela.