Rescatados sans e salvos un pai e o seu fillo tras quedar illados nunha zona rochosa mentres pescaban en Bueu
Sobre as 11:15 horas, a Policía Local de Bueu solicitaba axuda ao 112 Galicia para rescatar a un home e a un neno que estaban pescando na zona de Udra e que non podía saír a terra
Un home e o seu fillo foron rescatados por unha embarcación da Garda Civil ao quedar illados nunha zona de rochas, no lugar del Cabo Udra, en Beluso.
Sobre as 11:15 horas, a Policía Local de Bueu solicitaba axuda ao 112 Galicia para rescatar a un home e a un neno que estaban pescando na zona de Udra e que non podía saír a terra. Decontado, desde o 112 alertouse a Salvamento Marítimo, que mobilizou unha embarcación, e ao Servizo de GardaCostas de Galicia.
Así mesmo, os xestores de emerxencias informaron á Garda Civil, aos efectivos de Protección Civil e puxeron en alerta ao 061-Urxencias Sanitarias, por se fose precisa a súa intervención.
Finalmente, os dous, pai e fillo, foron rescatados por unha embarcación da Garda Civil, que os trasladou ata o Peirao de Bueu. Os dous se atopaban en bo estado e non precisaron asistencia sanitaria.