miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Falece un operario ao caer dunha plataforma mentres traballaba en Xermade

Falece un operario ao caer dunha plataforma mentres traballaba en Xermade
Falece un operario ao caer dunha plataforma mentres traballaba en Xermade

Pasadas as 16:30 horas da tarde pasada, un particular solicitaba ao 112 Galicia asistencia para unha persoa que caera dunha plataforma

Unha persoa perdeu a vida en Xermade ao caer desde unha plataforma cando traballaba nunha nave situada en Roupar de Abaixo.

Pasadas as 16:30 horas da tarde pasada, un particular solicitaba ao 112 Galicia asistencia para unha persoa que caera dunha plataforma. Pouco despois de confirmarse o falecemento da persoa polos profesionais sanitarios, os axentes da Garda Civil confirmaron que se tratou dun accidente laboral.

Nada máis recibir a alerta, os xestores do CIAE 112 Galicia puxeron os feitos en coñecemento do 061-Urxencias Sanitarias, da Garda Civil e de Protección Civil da localidade.

Comentarios
Lo más