Desaloxan a un centenar de persoas no restaurante dun hostal de Sada
Ocorreu no lugar Espíritu Santo, ao fío das 13:15 horas de onte
Unhas cen persoas tiveron que ser desaloxadas esta tarde do restaurante dun hostal en Sada ao declararse un incendio nunha das habitacións. Segundo os datos facilitados ao 112 Galicia, ningunha persoa resultou ferida nin afectada e, unha vez extinguido o lume, puideron regresar ao interior do local.
Ocorreu no lugar Espíritu Santo, ao fío das 13:15 horas de onte. Nese momento, unha persoa particular alertaba ao 112 Galicia do incendio. Indicaba no seu relato que ningunha persoa estaba afectada nin ferida.
Acto seguido, desde o CIAE 112 Galicia requiriuse a intervención dos Bombeiros de Betanzos, do Servizo Municipal de Protección Civil, da Policía Local e da Garda Civil.
Unha vez no hostal, os servizos de emerxencia atallaron o lume, que calcinou unha cama e afectou á planta alta do local.