Cortes de tráfico polas festas de San Pedro
Todas as paradas do transporte urbano no percorrido de desvío serán realizadas polas distintas liñas
Con motivo da celebración das festas de San Pedro, produciranse as seguintes modificacións no tráfico:
- O venres día 28 pecharase ao tráfico a rúa de San Pedro entre as 19:00 e as 21:00 horas para a saída de pasarrúas e cabezudos.
- O sábado 29 a rúa de San Pedro, a praza da Cruz de San Pedro e Concheiros quedarán cortadas ao tráfico dende as 8.00 ás 3.00 horas do domingo.
- Nese mesmo horario prohibirase o estacionamento nos primeiros números da rúa Corredoira das Fraguas e na praza do Cruceiro de San Pedro.
- O domingo 30 de xullo tampouco se permitirá estacionar vehículos nestas rúas entre as 11:30 e as 13:30 horas por mor da realización dun espectáculo de música e baile tradicional.
- Na rúa Concheiros, malia quedar prohibido o tráfico, permitirase o acceso aos garaxes durante toda a xornada, así como aos vehículos de carga e descarga ata as 10:30 horas.
- Os vehículos que queiran incorporarse á rúa de Betanzos e Bonaval accederán dende a intersección de Rodríguez de Viguri – Concheiros pola rúa da Angustia, na que se invertirá o sentido de circulación.
- Os vehículos que saian da rúa do Medio farano por travesa de San Pedro cara Belvís.
- Os vehículos procedentes da rúa Campo do Forno sairán pola rúa das Chufas cara á rúa Lagartos.
Todos estas prohibicións e cambios de sentido estarán debidamente sinalizados.
Transporte urbano
As liñas 9, 13, C5 e C11 realizarán os seguintes desvíos:
O venres 28 de xuño entre as 19:00 e as 21:00, cortarase ao tráfico a rúa de San Pedro, corte que lle afectará á liña C11.
O sábado 29 de xuño, cortaranse ao tráfico as rúas de San Pedro e Concheiros desde as 8:00 ata a finalización dos servizos do día, afectando á liña C11 e ás liñas 9, 13 e C5 en sentido Concheiros – Angustia – Bonaval.
*Desvío sentido norte (de Virxe da Cerca a San Pedro e Concheiros):
Nos momentos de corte da rúa de San Pedro, a liña C11 desviarase pola rúa das Rodas, San Roque, Pastoriza, Anxo Casal e avda. Rodríguez de Viguri, retomando o seu itinerario na rotonda de Concheiros.
Paradas suprimidas:
-397 Porta do Camiño (parada alternativa máis próxima: praza de Abastos).
-511 Rúa de San Pedro nº 58.
-219 Cruceiro de San Pedro.
-197 Concheiros nº 64 (parada alternativa máis próxima: avda. Rodríguez de Viguri, rotonda Concheiros).
*Desvío sentido sur (desde Fontiñas e avda. de Lugo a Concheiros – Bonaval - San Roque):
O sábado 29, no momento do corte da rúa Concheiros, as liñas 9, 13 e C5 desviaranse pola avda. Rodríguez de Viguri, Pastoriza e rúa San Roque, continuando cós seus itinerarios habituais.
Paradas suprimidas:
-196 Concheiros nº 39 (parada alternativa máis próxima para as liñas 9 e C5: rúa Berlín; para a liña 13: avda. de Lugo, xulgados).
-220 Cruceiro de San Pedro.
-154 Campo da Angustia.
-557 San Domingos de Bonaval (parada alternativa máis próxima: praza de Abastos).
-639 Valle Inclán (La Salle) (parada alternativa máis próxima: rúa de San Roque).
Todas as paradas do transporte urbano no percorrido de desvío serán realizadas polas distintas liñas.