miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Chega "Sarela 211", a obra teatral creada e interpretada por persoas de dano cerebral

Chega "Sarela 211", a obra teatral creada e interpretada por persoas de dano cerebral
Chega "Sarela 211", a obra teatral creada e interpretada por persoas de dano cerebral

O teatro é unha forma de traballar e descubrir habilidades das persoas con dano cerebral, como pode ser a memoria, a expresión, o traballo en grupo etc.

Este ano a acción lévanos a mediados dos anos 70 e desenvolverase da cabalo entre unha fábrica de automóbiles e a prisión na que van dar parte dos seus traballadores. A súa unión porase a proba durante o xuízo pero tamén terán nun concurso moi especial que lle ten preparada a dirección da cadea. 

A representación do venres é un momento de convivencia no que participan as persoas usuarias dos servizos da entidade (Centro de Día, rehabilitación etc), familiares, voluntarios/as e profesionais. Pero sobre todo é o punto final dun traballo que dura varios meses e que recae esencialmente en persoas con Dano Cerebral Adquirido, desde o deseño da trama até levar o peso da representación.

Desenvolvemento de habilidades e obxectivos da representación

A Grupo de teatro de Sarela comezou a funcionar hai máis de sete anos polos aspectos positivos que implica esta disciplina. Noelia Parente (educadora social) e Ruth González (logopeda) son as profesionais encargadas da súa coordinación. Elas destacan que “preparar a obra de teatro contribúe ao desenvolvemento persoal dos participantes porque require un esforzo, por exemplo, de memoria, promove a confianza e axuda a producir ou descubrir cambios nas súa habilidades. A actividade en grupo falicita a comunicación e a cooperación e polo tanto mellora as súas relacións persoais”. Tamén se traballan aspectos vinculados, por exemplo, á logopedia porque teñen que falar con claridade, proxectando a voz etc.

As coordinadoras do grupo de teatro destacan que outro dos obxectivos é demostrar que, con independencia das capacidades, dando a oportunidade e cos apoios axeitados, calquera pode subir a un escenario. 

“Sarela 211" é a sétima obra de teatro do grupo de teatro da asociación. Primeiro foi “Sarela Televisión”, despois “Sarela en camiño”, seguiulle “En Sarela non hai quen viva”, “Sarela e a Fábrica de chocolate”, “Amar en tempos de Sarela” e o ano pasado “Neflis Sarela”

Comentarios
Lo más