miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

O Xulgado de Ourense autoriza a hospitalización obrigatoria dun paciente diagnosticado de turberculose

O Xulgado de Ourense autoriza a hospitalización obrigatoria dun paciente diagnosticado de turberculose
O Xulgado de Ourense autoriza a hospitalización obrigatoria dun paciente diagnosticado de turberculose

O obxectivo é que se lle aplique “a medida sanitaria correspondente ata que deixe de representar un risco para a saúde pública”.

O Xulgado do Contencioso-administrativo número 2 de Ourense autorizou a hospitalización terapéutica obrigatoria dun paciente diagnosticado de turberculose no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense, ou no centro hospitalario que se considere máis axeitado dentro da provincia, baixo custodia e medidas que impidan a fuxida. 

O obxectivo é que se lle aplique “a medida sanitaria correspondente ata que deixe de representar un risco para a saúde pública”. O xuíz, deste xeito, ratifica, a pedimento da Xunta, a medida acordada pola autoridade sanitaria o pasado 14 de xuño.

A enfermidade, segundo consta no auto, foille diagnosticada fai máis dun ano, en maio de 2018. Desde entón, “non cumpriu co tratamento nin as obrigatorias citas para a administración do medicamento, o que obrigaba a reinstauralo ata que o volvía a interromper”. Tras desaparecer, o paciente volveu acudir a finais de agosto de 2018 ao centro hospitalario, onde se reiniciou o tratamento, pero deixou de presentarse ás asistencias programadas escasos días despois.

O xuíz indica no auto que “hai pouco máis dun mes” o paciente reapareceu “con síntomas de atoparse nunha fase moi contaxiosa, advertíndolle en tal momento da importancia de cumprir o tratamento, incumpríndoo unha vez máis e non sendo posible localizalo”.

O maxistrado aproba no auto a adopción de medidas necesarias para garantir a retención física do paciente e o sometemento a tratamento médico forzoso, debendo coordinarse as forzas e corpos de seguridade do Estado, de acordo ao seu protocolo de actuación, co facultativo encargado do tratamento para determinar as medidas de confinamento e suxeición “necesarias, suficientes e proporcionais”, así como, de ser procedente, vixilancia por axentes. Unha vez concluído o tratamento remitirase ao xulgado un informe detallado coas incidencias que tivesen lugar.

Comentarios
Lo más