miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

O Colexio de Avogados de Santiago celebra o seu 175 aniversario

O Colexio de Avogados de Santiago celebra o seu 175 aniversario
Foto de arquivo
O Colexio de Avogados de Santiago celebra o seu 175 aniversario

“Nas actas fundacionais, do ano 1844, xa se falaba da necesidade de traballar desde o colexio para que Compostela tivera un maior peso institucional e xudicial”, lembrou o decano, Francisco Rabuñal

O Colexio de Avogados de Santiago celebrou onte á tarde no pazo de Bendaña un acto con representantes políticos, económicos e sociais de Compostela para presentar as actividades que desenvolverá no 175 aniversario da institución, ‘Avogacía Compostelá 1844-2019’.

“Nas actas fundacionais do ano 1844 xa se falaba da necesidade de traballar desde o colexio para que Compostela tivera un maior peso institucional e xudicial”, manifestou na sua intervención no acto o decano da institución, Francisco Rabuñal.

“Seguiremos con ese compromiso, como facemos en todas as reivindicacións de novos órganos xudiciais para a nosa cidade; a avogacía de Santiago estará sempre onde sexa necesario para Compostela, ao servizo dos intereses da capital galega”, engadiu Rabuñal.

O colexio colabora ademais co Concello de Santiago e con outras institucións locais para o asesoramento en materia de xustiza gratuíta ou desafiuzamentos a diferentes colectivos, “unha labor que é un compromiso para a avogacía e manteremos”, apuntou o decano.

No acto interviron ademais o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo; o reitor da USC, Antonio López; o vicepresidente da Cámara de Comercio, José Carballo; o director da Fundación Catedral de Santiago, Daniel Lorenzo, e a historiadora Encarna Otero.

Todos eles falaron da importancia do colexio para o tecido social de Santiago, ademais de lembrar nomes como os de Montero Ríos ou Alfredo Brañas, moi vinculados ao colexio e que deixaron unha fonda pegada na cidade.

Nos próximos meses, o colexio celebrará diferentes actividades conmemorativas do seu 175 aniversario e un acto central o 16 de novembro, o mesmo día de 1844 no que naceu a institución.

Comentarios
Lo más