miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Ouro, prata e bronce para o Atlética A Silva-Ordes nos Campionatos de España S18 e S20 e no Galego S14

Do Campionato Galego S20, tamén en Lugo, Mencía Pena regresou co bronce en lanzamento de xavelina

A atleta ordense María Pena regresou esta fin de semana do Campionato de España S18, que tivo lugar en Castellón, coa medalla de bronce en lanzamento de xavelina. María, que viaxou acompañada polo seu adestrador Pepe Domínguez, trouxo consigo unha das cinco medallas conseguidas polas atletas galegas nesta proba.

Por outra banda, no Campionato Galego S14, que tivo lugar en Lugo, Diana Mosquera conseguiu o ouro na proba de 1.000 metros obstáculos. Antía Rey foi prata en 220 metros valos, mentres que o bronce en lanzamento de disco foi para Candela Iglesias. Bronce tamén para o equipo de relevos 4 x 80 integrado por Noa Rey, Nadia González, Julia Parcero e Antía Rey.

Do Campionato Galego S20, tamén en Lugo, Mencía Pena regresou co bronce en lanzamento de xavelina.

Comentarios
Lo más