miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Condenan a tres anos de cárcere a un acusado de traficar con droga en Ferrol

Condenan a tres anos de cárcere a un acusado de traficar con droga en Ferrol
Condenan a tres anos de cárcere a un acusado de traficar con droga en Ferrol

O imputado foi interceptado en decembro de 2017 pola Policía Local cando portaba no interior dun peto da súa cazadora, dentro dun calcetín, bolsiñas de cocaína

A sección primeira da Audiencia Provincial da Coruña condenou a tres anos de cárcere como autor dun delito contra a saúde pública a un acusado de traficar con droga en Ferrol. 

O imputado foi interceptado en decembro de 2017 pola Policía Local cando portaba no interior dun peto da súa cazadora, dentro dun calcetín, bolsiñas de cocaína. Os axentes tamén lle comisaron un chisqueiro e un coitelo de cociña. 

O tribunal considera acreditado que o sospeitoso tiña no seu poder esta substancia “coa finalidade de destinala á venda a terceiros”, así como que os 80 euros en efectivo que levaba proviñan “da actividade ilícita”.

Comentarios
Lo más