Rescatan a un ciclista que caeu nun buraco de cinco metros de profundidade en Cedeira
10:27 26/06/19
10:27 26/06/19
Ocorreu na rúa da Silva, ao fío das 1:10 horas
Os servizos de emerxencia liberaron a pasada noite en Cedeira a un home que caeu nun buraco dunha obra duns cinco metros de profundidade coa bicicleta que manexaba. Ocorreu na rúa da Silva, ao fío das 1:10 horas.
Nese momento unha persoa particular contactaba co 112 Galicia para dar conta do ocorrido e, nada máis ter constancia, os xestores do CIAE 112 Galicia solicitaron a intervención do 061-Urxencias Sanitarias, do GES de Ortigueira, dos Bombeiros de Ferrol, da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Cedeira, da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local.