Xornada de chuvias moi febles na cidade
08:00 26/06/19
08:00 26/06/19
En Compostela a temperatura mínima acadará os 16ºC e a máxima os 24ºC
Non se agardan cambios significativos para o mércores, xa que Galicia continuará nunha situación atmosférica intermedia entre altas e baixas presións.
Así, os ceos estarán parcialmente cubertos con chuvascos illados que pola tarde poden ser tormentosos no interior.
As temperaturas ascenderán, especialmente as mínimas, con sensación de bochorno durante a xornada. En Compostela a temperatura mínima acadará os 16ºC e a máxima os 24ºC.
O vento soprará frouxo de dirección variable.