miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Presentación do congreso internacional sobre a situación da poboación produtiva de maior idade

Presentación do congreso internacional sobre a situación da poboación produtiva de maior idade
Presentación do congreso internacional sobre a situación da poboación produtiva de maior idade

O encontro cos medios de comunicación celebrarase a partir das 11.00 horas no Salón Reitoral do Colexio de San Xerome

Poboación produtiva maior: a formación e a orientación na empregabilidade e mobilización do talento senior fronte ao edadismo no emprego. Este é o lema sobre o que xirará o 21 Congreso Internacional Galicia/Norte de Portugal de formación para o traballo. É un encontro pioneiro de carácter internacional que prestará especial atención ao edadismo no eido laboral, termo acuñado polo psiquiatra Robert Butler para referirse á discriminación das persoas maiores en base a prexuízos ou estereotipos respecto da idade.

Os detalles do programa presentaranos en rolda de prensa este mércores 26 unha representación do comité organizador do congreso, encabazada pola presidente do comité científico, a profesora Elisa Jato Seijas; o delegado rexional do norte do Instituto de Emprego e Formación Profesional de Portugal, António Leite; e a presidenta do comité organizador, a profesora Margarita Valcarce Fernández.

O encontro cos medios de comunicación celebrarase a partir das 11.00 horas no Salón Reitoral do Colexio de San Xerome. O congreso organízano o Grupo Galego de Estudos para a Formación e Inserción Laboral (GEFIL) da USC e a delegación rexional do norte do Instituto de Emprego e Formación Profesional de Portugal co patrocinio da Xunta de Galicia e da Deputación da Coruña.

Segundo datos do Instituto Nacional de Estatística de España, preto dun 30% das persoas de máis de 45 anos afirman ter sufrido discriminación pola súa idade, mentres que un informe de 2018 de ADECCO constata que as empresas optan por persoas de 26 a 35 anos para cubrir as súas ofertas de emprego, mentres que o segmento daquelas de 36 a 45 anos segue perdendo peso. 

O congreso abordará os desafíos do edadismo na formación, a orientación e o emprego e representa unha oportunidade para debater sobre como se está tratando a discriminación por razón de idade nestes ámbitos, por parte das adminsitracións, a política, os empregadores, sindicatos e a sociedade en xeral.

Comentarios
Lo más