miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Feijóo asegura que Galicia contará cunha lei propia de Patrimonio Natural

Feijóo asegura que Galicia contará cunha lei propia de Patrimonio Natural
Feijóo asegura que Galicia contará cunha lei propia de Patrimonio Natural

Destaca que somos a 2ª comunidade de España con máis bandeiras azuis

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, destacou onte que Galicia contará cunha Lei de Patrimonio natural, que se debaterá mañá no Parlamento, para protexer a súa riqueza natural e a biodiversidade e que contribuirá a facer unha Galicia máis verde.

Durante o acto de entrega das Bandeiras Azuis 2019, Feijóo aseverou que a Xunta seguirá traballando para garantir o máximo respecto polo medio sen facelo incompatible cunha explotación racional. Así, lembrou que nos últimos tempos dotouse á Comunidade de instrumentos normativos para preservar a paisaxe e fomentar un desenvolvemento sustentable e racional como: o Plan de ordenación do litoral, as directrices de ordenación do territorio, a Lei do Solo, ou o Catálogo das paisaxes de Galicia.

Así mesmo, aseverou que construír un futuro verde pasa tamén por que Galicia sexa azul, impulsando a calidade de augas –e en 2018, o 96% das zonas de baño obtiveron unha clasificación sanitaria excelente ou boa-, ou aprobando iniciativas como o novo Decreto de catalogación de tramos urbanos e naturais das praias, un texto que entrou en vigor o pasado mes e que permite unha clasificación que facilitará  o uso sustentable dos areais, ademais de establecer os criterios para instalar establecementos de comidas e bebidas á pe de praia.

En relación á entrega das bandeiras azuis, o titular da Executivo autonómico resaltou os 156 galardóns que a Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor outorgou á Comunidade. En total, 156 bandeiras azuis que ondearán este ano: en 107 areais galegos; 12 distintivos que recoñecen a excelencia dos portos deportivos; e 22 sendeiros azuis.

Logo de salientar que nesta última categoría, Galicia é a autonomía que máis recoñecementos ten de España, Feijóo referiuse tamén aos 15 centros azuis premiados polo desenvolvemento de iniciativas a prol da educación ambiental.

“En definitiva, somos a 2ª comunidade de España con máis bandeiras azuis”, dixo, destacando tamén o papel fundamental que xogan os concellos neste eido. Non en van, recordou que este evento celebrouse no concello con máis bandeiras azuis nas súas praias de toda España: Sanxenxo,  que conta con 18 distincións.

O responsable autonómico concluíu salientando que o ano pasado visitaron a Comunidade case 5 millóns de persoas, dos cales o 42% aseguraron que o fixeron pola natureza, cultura e paisaxe.

Comentarios
Lo más