miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Ribeira traslada a súa terminal de autobuses provisionalmente

Ribeira traslada a súa terminal de autobuses provisionalmente
Ribeira traslada a súa terminal de autobuses provisionalmente

Con tal motivo, os servizos que se viñan prestando na antedita terminal (despacho de billetes, etc.) trasládanse fronte ao mercado municipal

O Concello de Ribeira informa de que hoxe martes está previsto que principien os traballos de desmontaxe da actual terminal de autobuses situada no paseo do Malecón.

Con tal motivo, os servizos que se viñan prestando na antedita terminal (despacho de billetes, etc.) trasládanse fronte ao mercado municipal, no mesmo lugar onde se emprazará a nova estación.

Temporalmente, e mentres non estea construída esta nova infraestrutura, habilitouse unha taquilla e marquesinas provisionais para atender aos viaxeiros.

Comentarios
Lo más