Gran actuación do Club de Patinaxe Artística de Brión no Campionato Provincial Xogade 2019
18:11 24/06/19
18:11 24/06/19
A actuación das patinadoras do Club de Patinaxe Artística de Brión foi espectacular
O sábado 15 de xuño, celebrouse no Pavillón Municipal de A Pobra o Campionato Provincial Xogade 2019, organizado polo club CPatinaxe APobra.
A actuación das patinadoras do Club de Patinaxe Artística de Brión foi espectacular xa que destacaron dende o primeiro momento coa súa posta en escena.
Os resultados para o club foron os seguintes:
- Grupo de Show Primaria “Florecer” - 2º posición.
- Cuarteto Primaria “Música” - 1º posición.