Un traballador das obras do Ave resulta ferido mentres conducía un vehículo
O Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia tivo constancia do suceso pasados uns minutos das 12:00 horas
Un traballador resultou ferido este mediodía en Vilar de Barrio (Ourense) tras sufrir un accidente cun vehículo mentres traballaba nas obras do Ave.
O Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia tivo constancia do suceso pasados uns minutos das 12:00 horas. A esa hora, os servizos sanitarios de urxencia comunicaban aos xestores de emerxencias a saída do helicóptero medicalizado con base en Ourense cara o lugar de Froufe, para un traballador ferido no Túnel do AVE.
A partir de aí, o 112 Galicia puxo os feitos en coñecemento da Garda Civil, dos membros do GES de Laza e de Protección Civil da localidade.
Finalmente, segundo informaron os profesionais sanitarios, o ferido puido ser evacuado nunha ambulancia do 061-Urxencias Sanitarias, que o trasladou ata o centro hospitalario de referencia