Un atropelo deixa a unha persoa ferida na Illa de Arousa
09:10 24/06/19
09:10 24/06/19
O 112 Galicia tivo constancia dos feitos ao fío das 4:30 horas
Un atropelo na madrugada de hoxe saldouse cunha persoa ferida no lugar das Aceñas, na Illa de Arousa.
O 112 Galicia tivo constancia dos feitos ao fío das 4:30 horas. Segundo a información recibida, o condutor do coche implicado continuou a marcha despois de producirse o accidente, pese a que a persoa ferida necesitase asistencia médica.
Ata o lugar dos feitos dirixíronse os servizos sanitarios de urxencias, a Garda Civil de Tráfico e os membros de Protección Civil de Cambados. Tamén foron avisados os Bombeiros de Vilagarcía de Arousa, por precaución.
Remata a intervención, o ferido foi trasladado ao Hospital do Salnés.