miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Colisión entre dous vehículos en Sandiás

Colisión entre dous vehículos en Sandiás
Colisión entre dous vehículos en Sandiás

O 112 Galicia tivo constancia dos feitos pasados uns minutos das 11:45 horas de hoxe

Un condutor foi trasladado en ambulancia tras resultar ferido ao colidir dous turismos no concello ourensán de Sandiás.

O 112 Galicia tivo constancia dos feitos pasados uns minutos das 11:45 horas de hoxe. De acordo coa información recibida, o motorista chocou contra o coche e a raíz do impacto, recibiu un golpe de consideración na cabeza.

Ademais dos servizos sanitarios de urxencia, o CIAE 112 Galicia solicitou a intervención dos Bombeiros de Xinzo e dos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local. Os voluntarios de Protección Civil de Allariz e da localidade tamén foron alertados.

Comentarios
Lo más