Unha colisión entre dous vehículos deixa unha persoa ferida en Vigo
Foron varios os particulares que contactaron co 112 Galicia ao redor das 11:15 horas, para informar dun accidente entre dous turismos na AP-9V
Unha persoa resultou ferida esta mañá tras sufrir unha colisión co turismo no que viaxaba ao seu paso pola parroquia pontevedresa de Teis, en Vigo.
Foron varios os particulares que contactaron co 112 Galicia ao redor das 11:15 horas, para informar dun accidente entre dous turismos na AP-9V, á altura do punto quilométrico 10, dirección Teis.
Segundo a información facilitada aos xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias, o accidente produciuse cando un dos vehículo bateu contra un turismo que acabara de sufrir una avaría nunha das rodas.
Con esa información, desde o 112 Galicia, púxose en marcha un operativo que contou coa intervención do personal do 061-Urxencias Sanitarias, dos Bombeiros de Vigo, da Garda Civil de Tráfico e o servizo de mantemento da estrada. Tamén foron informados os axentes da Policía Local e Protección Civil da localidade.