miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Ferido de gravidade un motorista esta mañá en Conxo

Ferido de gravidade un motorista esta mañá en Conxo
Ferido de gravidade un motorista esta mañá en Conxo

Foron varios particulares os que contactaron co 112 Galicia ás 08:30 horas para pedir asistencia médica urxente para un motorista tendido na vía, posiblemente, inconsciente

Un motorista resultou ferido de consideración esta mañá tras saírse da vía co seu vehículo cando circulaba pola SC-20 ao seu paso pola parroquia de Conxo, en Santiago.

Foron varios particulares os que contactaron co 112 Galicia ás 08:30 horas para pedir asistencia médica urxente para un motorista tendido na vía, posiblemente, inconsciente. Deseguido, o persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia pediu a colaboración dos profesionais do 061-Urxencias Sanitarias, que, pouco despois, confirmaron o traslado do condutor ao Centro Hospitalario Universitario de Santiago.

Igualmente, para colaborar no operativo, desde o 112 Galicia, informouse aos axentes da Policía Local e aos voluntarios de Protección Civil da localidade. Tamén aos Bombeiros de Santiago, non obstante, a vítima estaba liberada e accesible.

Ao lugar do accidente tamén acudiu unha patrulla da Garda Civil de Tráfico para realizar as correspondentes pescudas do sucedido.

Comentarios
Lo más