miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

O CGAC inaugurou a exposición da artista mozambicana Ângela Ferreira

O CGAC inaugurou a exposición da artista mozambicana Ângela Ferreira
O CGAC inaugurou a exposición da artista mozambicana Ângela Ferreira

O director xeral de Políticas Culturais, Anxo M. Lorenzo, asistiu á apertura da exposición que proporciona unha visión da investigación artística da creadora desde os seus inicios

O director Xeral de Políticas Culturais, Anxo M. Lorenzo, participou onte na presentación da exposición Poco a poco da artista Ângela Ferreira, que se inaugurarou ás 19,00 horas no CGAC, na que lle deu a benvida xa que é a primeira vez que expón neste espazo. Anxo M. Lorenzo destacou tamén “o reforzo intercultural que supón esta mostra cos países de fala portuguesa”.

Desde o principio da súa investigación e da súa práctica artística, ngela Ferreira traballou sempre co legado colonial de África e, nun sentido amplo, coas relacións entre Europa e o continente africano. Por unha parte, céntrase nos vestixios arquitectónicos do século XX, tan íntimamente vinculados ao modernismo, e, por outra, nas promesas da arte e do cine como instrumentos de emancipación crítica para pensar e poñer en práctica renovadas utopías.

O título da exposición refírese á película de Jean Rouch Petit a petit (1971), que contén un dos temas centrais da obra deste cineasta e constitúe o núcleo da obra de Ferreira: a confrontación de africanos con europeos e a historia desa coexistencia.

O conxunto de obras que se presenta na exposición proporciona unha visión a través dos fitos da súa investigación artística, que reflicte a evolución do discurso estilístico e a vontade da artista, desde o inicio da súa carreira, de colocar a arte occidental en paralelo coa non occidental e tender pontes insospeitadas entre a arte politizada dos construtivistas e a arte autónoma dos minimalistas norteamericanos, os proxectos fílmicos de Jean Rouch ou a entrada do debate das independencias na cultura pop a través da voz de Bob Dylan.

Entre a selección de obras destaca Maison Tropicale, presentada na 52ª Bienal de Venecia en 2007, que reflexiona sobre a historia colonial e as súas resonancias contemporáneas, post e neocoloniales.

ACTIVIDADES RELACIONADAS COA EXPOSICIÓN

Durante esta semana, no auditorio do CGAC, tivo lugar a proxección dos filmes de Manthia Diawara Rouch in Reverse (1995) e Maison Tropicale (2008), así como un coloquio coa artista, o comisario da exposición, Bruno Leitâo, e o director do CGAC, Santiago Olmo. Hoxe, ás 20,30 horas terá lugar unha performance da artista mozambicana Selma Uamusse, que, a partir das 22,30 horas, ofrecerá un concerto no exterior do museo.

A música de Uamusse sitúase nun cruzamento de camiños entre as machambas (hortas) de Mozambique e os clubs europeos, entre os idiomas e ritmos africanos tradicionais e a produción electrónica contemporánea: unha historia de amor entre timbilias (balafón mozambiqueño) e sintetizadores.

A ARTISTA

Nada en 1958 en Maputo, Mozambique, ngela Ferreira creceu e estudou en Sudáfrica, obtendo a súa MFA pola Michaelis School of Fine Arts, Universidade de Cape Town. Actualmente traballa dando clases de Belas Artes na Universidade de Lisboa, cidade na que reside. A súa obra está relacionada co impacto actual do colonialismo e o poscolonialismo na sociedade contemporánea, un traballo que leva a cabo a través dunha investigación profunda e a destilación de ideas en formas concisas e resonantes.

ngela Ferreira representou a Portugal na 52ª Bienal de Venecia en 2007 cun proxecto no que continuaba as súas investigacións sobre as formas en que o modernismo Europeo adaptouse, ou fracasou en adaptarse, ás realidades do continente africano trazando a historia da Maison Tropicale de Jean Prouvé. Foi merecedora do premio Novo Banco Photo Award 2015, un dos máis prestixiosos de Portugal. Actualmente é representada pola galería Filomena Soares de Lisboa.

Comentarios
Lo más