miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

A entrada dunha fronte fría deixará chuvias neste domingo

A entrada dunha fronte fría deixará chuvias neste domingo
A entrada dunha fronte fría deixará chuvias neste domingo

En Compostela a temperatura mínima acadará os 14ºC e a máxima os 22ºC

A situación meteorolóxica do domingo en Galicia estará marcada pola entrada dunha fronte fría polo oeste nas primeiras horas do día. 

Con isto, agárdase unha xornada de ceos moi anubrados con chuvias xeneralizadas sendo puntualmente intensas pola mañá. 

A medida que avance a tarde irá mellorando a situación e cara á noite a fronte retirarase polo leste. 

As temperaturas mínimas quedarán en lixeiro ascenso mentres que as máximas descenderán moderadamente. En Compostela a temperatura mínima acadará os 14ºC e a máxima os 22ºC.

Os ventos soprarán de compoñente sur frouxos en xeral, sendo máis intensos no litoral atlántico.

Comentarios
Lo más