miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Preto de 4.000 escolares participaron nas actividades de educación viaria da Policía Local

Preto de 4.000 escolares participaron nas actividades de educación viaria da Policía Local
Preto de 4.000 escolares participaron nas actividades de educación viaria da Policía Local

O obxectivo desta marcha ciclista era que os nenos e nenas puxeran en práctica o aprendido no parque infantil de tráfico, así como promover o uso da bicicleta como medio de transporte sustentable

Uns cen alumnos e alumnas do CEIP de Vite e do CEIP Raíña Fabiola participaron na mañá do xoves pasado na II Marcha Ciclista Escolar. O evento culminaba as actividades formativas do Departamento de Educación Viaria da Policía Local durante o curso 2018-2019, nas que participaron case 4.000 escolares.

O obxectivo desta marcha ciclista era que os nenos e nenas puxeran en práctica o aprendido no parque infantil de tráfico, así como promover o uso da bicicleta como medio de transporte sustentable. O concelleiro de Mobilidade e Seguridade Cidadá, Gonzalo Muíños, saudou os nenos e nenas na praza do Obradoiro, a onde chegaron tras percorrer varias rúas da Cidade.

A marcha partiu do CEIP de Vite e dirixiuse logo ao CEIP Raíña Fabiola. Reunidos todos os participantes, realizaron un percorrido en bicicleta polo Pombal, praza de Galicia, Virxe da Cerca, Porta do Camiño, Valle-Inclán, San Roque, Santa Clara, avenida de Coimbra, Xoán XXIII e Obradoiro. Xa na praza, os escolares participaron en diferentes actividades lúdicas e formativas relacionadas coa educación viaria

INTENSO CURSO DE ACTIVIDADES

Un total de 3.943 escolares participaron este curso nalgunha das actividades de educación viaria da Policía Local, distribuídas en sete campañas: "Xeraldina viaxa connosco", "Móvete seguro con moito olliño", "Son condutor de biciletas", "Pola túa seguridade", "Ti controlas, ti decides", "Vivimos as mesmas realidades" e "Maiores máis seguros". Entre todas elas, destacou a participación na campaña "Móvete seguro con moito olliño" de 1.058 alumnos e alumnas de 4º de Primaria.

Os axentes da Policía Local impartiron formación a 2.490 escolares de Infantil e Primaria, a 1.151 alumnos de Bacharelato e Secundaria e a 173 escolares de centros de Educación Especial. En total, participaron 38 centros. 

Comentarios
Lo más