miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Mazarelos foi protagonista da presentación da "Ruta do Viño Ribeiro"

Mazarelos foi protagonista da presentación da "Ruta do Viño Ribeiro"
Mazarelos foi protagonista da presentación da "Ruta do Viño Ribeiro"

A escenificaciòn da entrada chegada do arrieiro a Porta de Mazarelos encádrese no programa de actividades da Asociación Ruta do Viño para 2019 e pretende potenciar o patrimonio vitivinícola da Denominación de Orixe máis antiga de Galicia

Onte á mañá a Porta de Mazarelos foi o escenario da representación da chegada do arrieiro dende o Ribeiro ata Compostela, unha figura de gran simboloxía para esta denominación de Orixe e que serviu de nexo de unión entre a capital galega e a comarca do Ribeiro.

Coa presentación Ruta do Viño do Ribeiro, o Camiño do Viño preténdese trasladar a idea do Ribeiro como unha zona con historia dende os romanos ata hoxe, pasando polas grandes ordes monacais, os fidalgos ou señores da terra e a figura dos arrieiros.

O acto contou coa asistencia do Presidente da Asociación Ruta do Viño do Ribeiro e do Consello Regulador da D.O. P. Ribeiro, Juan Manuel Casares, a directora do Centro Superior de Hostalería de Galicia, Marta Fernández, o Presidente do Cluster de Turismo de Galicia, Cesáreo Pardal e Concello de Santiago que nas súas intervencións destacaron o potencial enoturístico do territorio do Ribeiro en particular e de Galicia en xeral.

Segundo Juan Manuel Casares, “O Camiño do Viño ten un simbolismo especial xa que significa en realidade moitos camiños: Tanto as rutas de peregrinos que ían cara Santiago; os camiños que os arrieiros seguían para comercializar o viño Ribeiro por toda Galicia, como a metáfora dunha comarca vitivinícola no seu percorrido pola historia onde chegou a ser, durante moitos séculos, o gran viño de Galicia”.

O certo é que a existencia de granxas vitivinícolas dependentes de ordes eclesiásticas establecidas en Compostela, fixo que un dos destinos principais destes “comerciantes” sexa Santiago. Esta relación comercial Ribeiro – Compostela, tórnase estratéxica para o desenvolvemento económico dos dous territorios fundamentalmente polo comercio do viño do Ribeiro, que tivo repercusións a nivel social e cultural.

Segundo o presidente da Ruta do Viño do Ribeiro, Juan Manuel Casares, con esta campaña de promoción centrada en “O CAMIÑO DO VIÑO” o que se pretende é “Espertar a memoria de Galicia respecto do Ribeiro, un territorio e un viño que durante séculos foron un dos motores económicos da nosa terra, e poñer en valor un rico patrimonio material e inmaterial que nalgún intre debera ser reivindicado.” Asemade apunta que “queremos que cando unha persoa beba un Ribeiro saiba que non só está a consumir un produto de alta calidade, senón que está a degustar séculos de historia e tradicións; o froito dunha paisaxe modelada a través dos séculos.”

Na súa intervención, Cesáreo Pardal, fixo referencia a importancia do enoturismo en Galicia e a firme aposta que dende a institución que preside, se está facendo neste sector. Destacou o esforzo das diferentes rutas do viño por promover os recursos patrimoniais da cultura do viño, do que está acción de hoxe é significativa.

A RUTA DO VIÑO DO RIBEIRO

A Asociación Ruta do Viño Ribeiro foi creada no ano 2007 coma unha entidade destinada á xestión e promoción dos recursos enoturísticos do territorio co obxecto de que este sector contribúa ao desenvolvemento da comarca. Hoxe en día conta con 52 socios entre os que hai 19 adegas, 7 establecementos de restauración, 11 aloxamentos, balnearios, termas, guía turística e oficinas de turismo.

Conta tamén cunha activa participación pública representada por 9 concellos (Boborás, Carballiño, Castrelo de Miño, Cenlle, Leiro, Ourense, Ribadavia, San Amaro e Toén) así como o Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeiro que ostenta a presidencia.

PROGRAMA DE ACTIVIDADES PARA O ANO 2019

Neste contexto, e baixo a marca “O CAMIÑO DO VIÑO”, a Ruta do viño do Ribeiro ven desenvolvendo diversas actividades durante o presente ano que consistiron, entre outras, nunha Campaña promocional nas redes sociais apoiada na edición de folletos e vídeos da Ruta do Viño do Ribeiro, a presentación de hoxe, e cabe destacar que na edición da VIII Xornada de Portas Abertas das Rutas dos Viños de Galicia, no Ribeiro tivo especial protagonismo o patrimonio cultural e artístico vitivinícola.

Antes de que finalice o ano está previsto a realización dunha misión inversa de xornalistas e escritores especializados de ámbito español para darlle unha dimensión nacional á estratexia, e unhas xornadas históricas sobre a Cultura do Viño en colaboración con AMECHIR (Asociación de Amigos e Amigas do Museo Etnolóxico e do Conxunto Histórico de Ribadavia) tentarán sentar os alicerces históricos e culturais do Ribeiro.

Comentarios
Lo más