Homenaxe á Xeración do 27 co guitarrista Samuel Diz e a cantante Marta Knörr no marco de "Sonoro empeño"
O guitarrista Samuel Diz é investigador da Xeración do 27 á que pertence Rafael Alberti, autor do verso que dá nome a este proxecto multidisciplinar, sonoro empeño
No marco do proxecto multidisciplinar Sonoro empeño. A música nas Coleccións ABANCA e Afundación, ABANCA e Afundación organizaron unha extensa programación de actividades complementarias en Santiago de Compostela.
O guitarrista Samuel Diz é investigador da Xeración do 27 á que pertence Rafael Alberti, autor do verso que dá nome a este proxecto multidisciplinar, sonoro empeño. A modo de homenaxe, e xunto á mezzosoprano Marta Knörr, ofrecerán un concerto no que interpretarán, entre outras, Metamorfosis del clavel, unha obra do compositor Gustavo Pittaluga inspirada no poemario Entre el clavel y la espada de Alberti. O recital será hoxe venres 21 de xuño a partir das 19.30 h. A entrada é gratuíta ata completar a capacidade
Esta proposta responde o propósito da entidade de potenciar as experiencias interactivas dentro das súas actividades para estender a programación máis aló da propia exposición, mostrando na práctica o diálogo permanente entre as distintas disciplinas artísticas, e trasladar a actividade cultural fose dos espazos onde se desenvolve tradicionalmente.