miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Mazarelos acolle a presentación da Ruta do Viño Ribeiro

Mazarelos acolle a presentación da Ruta do Viño Ribeiro
Mazarelos acolle a presentación da Ruta do Viño Ribeiro

A Asociación Ruta do Viño do Ribeiro, entidade que xestiona este produto enoturístico que integra a máis de cincuenta entidades públicas e privadas, encadra esta presentación no programa de actividades promocionais para 2019

A presentación da "Ruta do Viño do Ribeiro, O Camiño do viño" enmárcase no programa de actividades que esta entidade aprobou para desenvolver ao longo de 2019, en colaboración co Consellor Regulador da D.O. Ribeiro, A Deputación de Ourense e o Xeodestino Ribeiro Carballiño.  A estratexia de promoción e comunicación está dirixida a poñer en valor a historia e a cultura do viño desta Denominación de Orixe, como recurso turístico diferencial. 

O Ribeiro estivo sempre moi vencellado á cidade de Santiago de Compostela, como un destino de primeira orde para a comercialización do viño da comarca. Esta relación comercial deixou unha profunda pegada na historia e na cultura das dúas vilas. Unha das figuras máis representativas desta época, e figura vital para o desenvolvemento económico desta comarca, foi figura do arrieiro, aquel comerciante que chegaba coas mulas e os pelexos cargados de viño á Compostela,  o principal mercado do viño do Ribeiro por aquela época.

A Ruta do viño do Ribeiro O Camiño do Viño, parte da idea do traxecto que percorrían os arrieiros para chegar a Santiago, o mesmo camiño que percorrían os peregrinos,  pero á vez representa tamén o nexo de unión entre dous territorios que compartiron un factor de desenvolvemento común, O viño do Ribeiro. 

O acto do próximo xoves 20 de xuño á s12:15 horas, desenvolverase na Praza de Mazarelos, eleximos este lugar pois era onde históricamente chegaban os arrieiros coas mulas e o viño do Ribeiro. 

Comentarios
Lo más