Nito chega ao Santiago Futsal
Coa cesión de Nito, o Santiago Futsal asegúrase un xogador con experiencia a pesar da súa mocidade
O Santiago Futsal e o Pescados Rubén Burela chegaron a un acordo para a cesión de Néstor Valle Gómez “ Nito” durante a temporada 2019-2020.
O peche, nacido en Burela no ano 2000 e internacional coa Selección Española Sub-19, vén dunha campaña na que se proclamou Campión de Liga en Segunda División e conseguiu o ascenso a Primeira División da LNFS.
Coa cesión de Nito, o Santiago Futsal asegúrase un xogador con experiencia a pesar da súa mocidade, da mesma forma que segue apostando por un plantel con moito potencial e fame para a próxima temporada 2019-2020, a súa segunda consecutiva na Segunda División da LNFS.
Nito, nas súas primeiras palabras como xogador do club, comentou: “Estou moi contento de ter esta oportunidade neste club con tanta historia. Espero que o equipo faga unha boa temporada e poder conseguir os obxectivos canto antes“