miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Os traballadores do aeroporto de Santiago maniféstanse en demanda da continuidade da cantina

Os traballadores do aeroporto de Santiago maniféstanse en demanda da continuidade da cantina
Os traballadores do aeroporto de Santiago maniféstanse en demanda da continuidade da cantina

Sairán ás 10.30 horas da rotonda de “Casa Lorenzo” e camiñarán ata a terminal do aeroporto onde protagonizarán unha concentración

Hoxe, día 19, a partir das 10.30 horas o Comité intercentros (UGT, CCOO, CIG e USO) dos traballadores que prestan os seus servizos no aeroporto de Santiago convocan unha manifestación que sairá da rotonda de “Casa Lorenzo” para rematar na terminal do aeroporto compostelá onde protagonizarán unha concentración.

Con esta mobilización queren demandar, unha vez máis, a continuidade da cantina do aeroporto para o persoal porque, o contrario, significa que os traballadores teñan que pagar os produtos ao mesmo prezo que os pasaxeiros. 

Isto afectaría a todo o persoal, de Aena, das compañías aéreas, empregados da limpeza, seguridade, servizos auxiliares e de calquera outra actividade que se desenvolva no aeroporto.

PETICIÓN DE REUNIÓN

Así mesmo, denuncian a negativa do director do aeroporto, Ricardo Navarro, a se reunir coa representación legal do persoal, malia que a primeira petición de xuntanza data de hai dous meses, o 17 de abril. Ante a negativa deste responsable de AENA, pediuse unha xuntanza co director dos aeroportos do grupo 2 —no que se encadra o Rosalía de Castro—, Julián Cámara, quen remitiu unha carta declinando a xuntanza e "facendo preocupantes consideracións sobre o futuro da cantina".

Segundo este escrito, AENA prevé unicamente dar unha puntuación adicional ás empresas que lles fagan prezos especiais aos traballadores e traballadoras, pero de xeito ningún garante que sexan os prezos actuais. Así mesmo, tampouco desbota a posibilidade de que o servizo de cantina quede sen licitar.

Os representantes sindicais explicaron que a cantina, licitada á marxe do resto da restauración aeroportuaria, "non é rendible para ninguén" porque carece de elementos básicos como forno ou cociña, polo que sería necesario facer "un forte investimento" para poñela en marcha de xeito separado.

Comentarios
Lo más