miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

O Servizo de Relacións Exteriores presenta os resultados do proxecto de apoio a refuxiados UNINTEGRA

O Servizo de Relacións Exteriores presenta os resultados do proxecto de apoio a refuxiados UNINTEGRA
O Servizo de Relacións Exteriores presenta os resultados do proxecto de apoio a refuxiados UNINTEGRA

Coordinado dende 2017 polo Servizo de Relacións Exteriores, o proxecto promove recursos e ferramentas para a súa integración

O vicerreitor de Estudantes e Internacionalización, Víctor Arce Vázquez, e a vicerreitora de Comunicación, Cultura e Servizos, Mar Lorenzo Moledo, presentarán este mércores 19 os resultados do proxecto UNINTEGRA coincidindo coa conmemoración do Día Mundial do Refuxiado o próximo xoves. 

Este proxecto, coordinado polo Servizo de Relacións Exteriores da USC e posto en marcha en 2017, promove o apoio á integración de persoas refuxiadas proporcionándolles recursos e ferramentas para a súa inclusión e incidindo na sensibilización das comunidades de acollida. Tamén intervirá o Xefe de Servizo de Xestión Académica, Xosé Luis Braña Rey. O encontro cos medios de comunicación comezará ás 11.00 horas no Salón Reitoral do Colexio de San Xerome.

Ao abeiro de Unintegra desenvolveuse unha investigación nos tres países involucrados no proxecto (Grecia, Portugal e España) que indaga nos aspectos que constitúen unha prioridade e un reto nas políticas de integración. O traballo conta cunha mostra consta dun total de 442 suxeitos enquisados pola USC, a National and Kapodistrian University of Athens e a Universidade do Minho, así como 15 historias de vida con entrevistas de tipo cualitativo. 

Dende o Servizo de Xestión Académica, responsable do outro paquete de traballo, analizáronse fórmulas para simplificar os trámites de recoñecemento de estudos e títulos e axilización de trámites burocráticos, recollendo unha serie de recomendacións que se trasladarán á Comisión Europea.

Comentarios
Lo más