miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Prata para Daniel Loureiro en lanzamento de xavelina coa selección galega

Prata para Daniel Loureiro en lanzamento de xavelina coa selección galega
Prata para Daniel Loureiro en lanzamento de xavelina coa selección galega

En Oleiros os másters do club tiveron a súa oportunidade o sábado dentro do Campionato Galego

Esta fin de semana Daniel Loureiro Mosquera, do Club Atlética A Silva-Ordes, formou parte da Selección Galega e trasladouse ata Moratalaz. Alí realizou un lanzamento de xavelina de nada máis e nada menos 49'06 metros, a súa mellor marca persoal, o que lle supuxo a medalla de prata ademais do pase para acudir ao Campionato de España S16 que terá lugar en Xixón o vindeiro mes de xullo.

En Oleiros os másters do club tiveron a súa oportunidade o sábado dentro do Campionato Galego. De alí o equipo masculino regresou con medalla de bronce, mentres que o feminino rozou o podio, quedando en cuarto lugar.

De Cidade Real regresou con marcas persoais superadas o equipo infantil feminino (S14) despois de competir a un alto nivel no Campionato de España.

Comentarios
Lo más