miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Excarceran a un home despois de saírse da vía e bater contra unha árbore o coche no que viaxaba en Friol

O 112 Galicia tivo constancia do ocorrido a través da chamada dunha persoa particular ao fío das 9:45 horas

Un home  resultou ferido esta mañá ao saírse da vía o coche no que circulaba e chocar contra unha árbore na LU-232, concretamente no punto quilométrico 13, á altura de Friol. Segundo os datos facilitados ao 112 Galicia, os servizos de emerxencia tiveron que empregar o material de excarceración para liberar ao varón, que rematou atrapado no interior do turismo accidentado.

O 112 Galicia tivo constancia do ocorrido a través da chamada dunha persoa particular ao fío das 9:45 horas.

Nese momento, o persoal do CIAE 112 Galicia solicitou a intervención do 061-Urxencias Sanitarias, dos Bombeiros de Vilalba e de Lugo. Ademais, desde o 112 Galicia púxose a situación en coñecemento da Garda Civil de Tráfico, da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Friol e do servizo de mantemento da estrada.

Comentarios
Lo más