A Confraría da Orde Terceira Franciscana Segrar, celebra esta tarde a festividade de Santo Antonio
13:08 18/06/19
13:08 18/06/19
A Eucaristía será ás 19 horas, e terá lugar a bendición dos panes que serán repartidos aos asistentes ao finalizar a celebración
A Orde Terceira Franciscana Segrar, celebra esta tarde a festividade de Santo Antonio na súa sede, a igrexa da Orde Terceira, ubicada no campiño de San Francisco.
Aínda que o día de Santo Antonio tiña lugar o pasado día 13, ao ser unha das datas máis relevantes no calendario Franciscano, a Confraría leva moitos anos celebrándoo o martes seguinte para non interromper as celebracións do Mosteiro.
A Eucaristía será ás 19 horas, e terá lugar a bendición dos panes que serán repartidos aos asistentes ao finalizar a celebración.