miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Ovidio Rodeiro participou na cerimonia do lume sagrado do Pico Sacro

Ovidio Rodeiro participou na cerimonia do lume sagrado do Pico Sacro
Ovidio Rodeiro participou na cerimonia do lume sagrado do Pico Sacro

O druida foi o encargado de preparar o pebetero no que se prenderá o lume purificador co que logo se prenderán as fogueiras do San Xoan

O delegado territorial da Xunta de A Coruña, Ovidio Rodeiro, participou o domingo na cerimonia de prendido do lume sagrado do Pico Sacro, que organiza a asociación de O Castro da Fervenza de Callobre todos os anos. Esta recreación lembra unha tradición pagana coa que se dá a benvida ao solsticio do verán.

O druida foi o encargado de preparar o pebetero no que se prenderá o lume purificador co que logo se prenderán as fogueiras do San Xoan. Este lume será levado a Santiago de Compostela nunha comitiva que sairá da Alameda e percorrerá as rúas do casco histórico ata Mazarelos, onde se fará a ofrenda do lume que posteriormente servirá para prender o as cacharelas do San Xoán na capital compostelana.

Comentarios
Lo más