miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Trasladan ao tripulante dun veleiro incendiado á altura das Illas Sisargas, en Malpica

Trasladan ao tripulante dun veleiro incendiado á altura das Illas Sisargas, en Malpica
Trasladan ao tripulante dun veleiro incendiado á altura das Illas Sisargas, en Malpica

Unha embarcación da Cruz Vermella encargouse de facer o rescate e de evacualo ata o Peirao de Malpica

O tripulante dun veleiro que navegaba á altura das Illas Sisargas tivo que ser trasladado por intoxicación de fume ao incendiarse o seu veleiro.

Unha embarcación da Cruz Vermella encargouse de facer o rescate e de evacualo ata o Peirao de Malpica, onde o agardaba unha ambulancia do 061-Urxencias Médicas, que o trasladou ata o Hospital da Coruña.

Foron varios os particulares, que ao fío das 15:30 horas de onte, puxeron en alerta ao 112 Galicia. Indicaban que ardía unha embarcación á altura das Sisargas e que se apreciaba unha gran fumareda negra no mar visible dende varios lugares. A partir dese momento, os xestores de emerxencia pasaron aviso a Salvamento Marítimo e á Sala de GardaCostas de Galicia, que xa tiñan constancia de que a bordo ía unha persoa que pedira axuda.

No dispositivo, coordinado por Salvamento Marítimo participaron ademais dos servizos sanitarios de urxencia, unha embarcación de Salvamento e outra da Cruz Vemella, o helicóptero Helimer 401, varias embarcacións da zona e a patrulleira da Garda Civil que  tamén foi alertada. A Policía Local e os efectivos de Protección Civil da localidade tamén formaron  parte do operativo.

Persoal de Salvamento confirmou ao 112 Galicia que a embarcación ardeu na súa totalidade e afundiu. Descartan, ademais, contaminación algunha, ao arder tamén o combustible da mesma. 

Comentarios
Lo más