miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Un home resulta ferido en Cambados despois de envorcar o tractor que manexaba

Un home resulta ferido en Cambados despois de envorcar o tractor que manexaba
Un home resulta ferido en Cambados despois de envorcar o tractor que manexaba

Unha vez evacuado, o home foi trasladado en ambulancia ata o centro hospitalario de referencia

Un home foi evacuado este mediodía polos servizos sanitarios ao resultar ferido despois de envorcar o tractor que manexaba, no lugar da Modia, en Vilariño.

Tras ser alertados polo 112 Galicia, desprazáronse ademais dos servizos sanitarios de urxencia, os Bombeiros de Ribadumia, a Policía Local e os efectivos de Protección Civil. Tamén deuse conta dos feitos á Garda Civil. Aínda que nun primeiro momento se sospeitaba que a persoa podía estar atrapada, os servizos de emerxencia alí desprazados puideron liberar ao condutor sen facer uso do material de excarceración.

Unha vez evacuado, o home foi trasladado en ambulancia ata o centro hospitalario de referencia.

O 112 Galicia tivo constancia dos feitos a través da chamada dunha persoa particular, sobre as 14:30 horas de onte.

Comentarios
Lo más